Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 2 de agosto de 2016 Páx. 34335

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1127/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 1127/2010, por instancia de Dominga Martínez Dosil contra Servicur Limpiezas y Mantenimiento, S.L., Concello da Coruña, Fondo de Garantía Salarial, empresa Samyl, S.L., empresa Procedimientos de Aseo Urbano Pau, S.A. e Limpergal, S.L., sobre cantidade, en que se ditou sentenza con data do 25.4.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Dominga Martínez Dosil fronte a Servicur Limpiezas y Mantenimientos, S.L., Procedimientos de Aseo Urbano, Pau, S.A., Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza, S.L. Limpergal, S.L. e o Concello da Coruña e, en consecuencia:

– Absólvense o Concello da Coruña e a empresa Limpergal, S.L. das pretensións fronte a eles dirixidas.

– Condénanse as empresas Servicur Limpiezas y Mantenimientos, S.L., Procedimientos de Aseo Urbano, Pau, S.A. e Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza, S.L. a aboar solidariamente a Dominga Martínez Dosil a cantidade de mil corenta e cinco euros con sesenta céntimos (1.045,60 euros). Tales conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %, todo isto sen prexuízo de repetir contra o verdadeiro debedor.

Notifíquese a presente resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Servicur Limpiezas y Mantenimiento, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 6 de xullo de 2016

A secretaria xudicial