Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 1 de agosto de 2016 Páx. 33918

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (454/2013).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 454/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Fragio Vázquez contra Excavacións Migasa, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva di así:

Parte dispositiva:

Acordo:

– Admitir a trámite a demanda presentada e en consecuencia:

– Citar as partes e toda vez que a demandada Excavacións Migasa, S.L., esta descoñecida cítese por edictos e cítese tamén ao Fogasa para que comparezan o día 2.11.2016 ás 11.05 horas en planta baixa, sala 1, edificio na rúa Berlín, para a celebración do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non se alcanzar a avinza, o día 2.11.2016 ás 11.10 horas en planta baixa, sala 1, edificio rúa Berlín, para a celebración do acto de xuízo ante o/a maxistrada.

– Advírteselle á parte demandante que, en caso de non comparecer á sinalización sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se lle terá por desistida da súa demanda; advertindo igualmente á parte demandada que a súa non comparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración, continuando estes sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

Repecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso dar conta ao xuíz.

Ao outrosí, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

– Antes da notificación desta resolución ás partes, paso a dar conta a SSª da sinalización efectuada.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se vai interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Excavacións Migasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza