Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 12 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-0682/2015-PPM e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-PO-0682/2015-PPM e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

Vigo, 12 de xullo de 2016

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: PSC-PO-0682/2015-PPM.

Persoa interesada: Josefa Durán Rodríguez.

NIF: 36065386Y.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: As Vides, nº 11, Pereiras, Mos.

Expediente: PSC-PO-0006/2016-PRE.

Persoa interesada: Albino Vidal Argibay.

NIF: 44075775R.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avenida Montero Ríos, nº 96, 3º D, Pontevedra.

Expediente: PSC-PO-0016/2016-COP.

Persoa interesada: Maria Margarida Rodrigues de Carvalho.

NIF: 05199902.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Gomes Freira, LT.83-Sta. Iria de Azoia, Loures (Portugal).