Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33557

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 7 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os requirimentos de documentación ás persoas beneficiarias, interesadas en procedementos xestionados nesta xefatura territorial, relativos ao expediente 192/X/05 e catro máis.

En virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a notificación de requirimentos de documentación no último domicilio dos interesados sen que esta se puidese practicar, notifícanse ás persoas citadas no anexo para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte á data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, nº 9, andar 1º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento do contido do dito requirimento, e advírteselles que, de non facerse así, se terán por notificadas cos efectos que se indican no anexo, logo de resolución que se ditará nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 7 de xullo de 2016

Francisco Javier Abad Pardo
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Expediente

Concello

Documentación requirida

Efectos

Castelo Cela, María Luisa

32267155H

192/X/05

A Coruña

Fe de vida e estado

Suspensión

Gabarre Gabarre, Daniel

32661321X

1863/I/98

Narón

Padrón e DNI

Suspensión

López Souto, Ana Belén

33301978W

450/I/13

Santiago de Compostela

Ingresos 2016 e fe de vida e estado

Suspensión

Orejuela Muñoz, Yolanda

32719580X

1150/I/02

Cabanas

Pensión compensatoria e data de matrimonio

Suspensión

Piñón Martínez, Álvaro

32703061M

52/I/16

Cariño

Padrón e libro de familia

Suspensión