Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Xunta de Compensación A Xunqueira A2.
Domicilio social: rúa María Martín, nº 3-baixo, 36950 Moaña.
Denominación: LMTS, CTC A Seca.
Situación: Moaña.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 218 metros de lonxitude, con orixe na LMTS existente CII8080376 e final no centro de transformación existente G.E. Moaña, unha vez que entre e saia do CT proxectado. Centro de transformación de 400 kVA, RT 20 kV/400 V, situado no lugar da Seca, A Xunqueira, Moaña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 14 de xuño de 2016
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra