Expediente: IN407A 2016/704-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: LMTS, CT Rúa Estanque de Abaixo-UE-11.
Concello: Cambre.
Características técnicas:
Liña de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,365 km, coa orixe en empalmes que se van realizar na LMTS SMC-725, entre o CT Rúa do Estanque, nº 3 (expediente 280/00) e o CT Rúa do Estanque, nº 21 (expediente 156/98), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en cela de liña do CT Rúa do Estanque, nº 21 (expediente 156/98), logo de realizar entrada e saída nos dous novos centros de transformación proxectados.
Centros de transformación prefabricados, cunha potencia de 400 kVA cada un e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.
Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 9 de xuño de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña