Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx. 33061

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO de licitación do contrato de obras das instalacións para a creación dun viveiro de empresas no parque empresarial de Outeiro de Rei.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Outeiro de Rei (Lugo).

b) Dependencia que tramita o expediente. Secretaría.

c) Obtención da documentación e información: Secretaría.

1º. Dependencia: Secretaría.

2º. Domicilio: praza do Concello, s/n.

3º. Localidade e código postal: Outeiro de Rei (Lugo) 27150.

4º. Teléfono: 982 39 32 81.

5º. Correo electrónico: correo concellodeouteiroderei.org

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.outeiroderei.org

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras de construción de instalacións para creación dun viveiro de empresas no parque empresarial de Outeiro de Rei.

b) Descrición: construción de catro naves industriais para albergar un viveiro de empresas.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: polígono empresarial de Outeiro de Rei.

e) Prazo de execución: dous (2) meses.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 45213000-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación urxente.

b) Procedemento aberto.

c) Criterios de adxudicación:

– Melloras ofertadas: (especificar que melloras, de entre as especificadas no anexo I do prego, se compromete o licitador a executar).

– Prazo de garantía: (duración total da garantía, expresada en meses, incluíndo o prazo mínimo de garantía determinado no presente prego).

– Prezo ofertado.

4. Valor estimado do contrato: 245.742,35 euros.

5. Orzamento base de licitación: 245.742,35 euros.

a) Importe neto 203.092,85 euros. Importe total 245.742,35 euros.

6. Garantías exixidas:

Definitiva equivalente ao 10 % do prezo de adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se é o caso).

– Solvencia económica: volume anual medio de negocios dos dous últimos exercicios igual, polo menos, ao importe do valor do contrato.

– Solvencia técnica: relación das obras executadas no curso dos cinco últimos anos relativas a estacións de edificación, avalada por certificados de boa execución para as obras máis importantes. Estes certificados indicarán o importe, as datas e o lugar de execución das obras e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo. O importe medio anual deberá ser igual, polo menos, ao 50 % do importe do valor do contrato.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais desde a publicación do anuncio de licitación.

b) Modalidade de presentación: non se admite a presentación telemática.

c) Lugar de presentación: Rexistro do Concello de Outeiro de Rei.

1º. Dependencia: Rexistro Xeral.

2º. Domicilio: praza do Concello, s/n.

3º. Localidade e código postal: Outeiro de Rei 27150.

d) Admisión de variantes: as descritas no anexo I do prego.

9. Apertura de ofertas: décimo día posterior á finalización do prazo de presentación de ofertas, ás 12.00 horas, no salón de xuntas da Casa do Concello de Outeiro de Rei.

10. No suposto de discrepancias entre os datos expresados no presente anuncio e os pregos de condicións administrativas, prevalecerá o expresado neste último.

Outeiro de Rei, 1 de xullo de 2016

José Pardo Lombao
Alcalde