Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx. 33064

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oza-Cesuras

ANUNCIO do proceso selectivo para a provisión en propiedade mediante o sistema de promoción interna dunha praza de administrativo na oferta de emprego do ano 2016.

No BOP da Coruña número 125, do 4 de xullo de 2016, publícase a convocatoria e o texto íntegro das bases xerais e específicas que regulan o proceso selectivo para cubrir en propiedade unha praza de administrativo do Concello de Oza-Cesuras (A Coruña) mediante o sistema de promoción interna.

O prazo de presentación de instancias para tomar parte nesta convocatoria será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte día hábil ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos deste concello e tamén poderá publicarse na páxina web do concello (www.concellodeozacesuras.es) sen carácter preceptivo.

Oza-Cesuras, 5 de xullo de 2016

José Pablo González Cacheiro
Alcalde