Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx. 33044

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 30 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación da resolución do expediente 2004/76-5.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a seguir se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente nesta xefatura territorial.

A persoa interesada poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde a persoa interesada poderá comparecer nun prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, para efectos do coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables e das 9.00 ás 14.00 horas.

Nº de expediente: 2004/76-5.

Interesado: José Alonso Taboada.

Enderezo: rúa Sanjurjo Badía, nº 198, 1º, Vigo.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 9 de maio de 2016.

Vigo, 30 de xuño de 2016

A xefa territorial de Vigo
P.A. (Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Susana Figueroa Martínez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa de Vigo