Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx. 33042

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 27 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2016129TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 7 de xuño de 2016, a instrutora do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador núm. 2016129TA-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Francisco Benito Loira Estévez, con DNI 52490891S, como titular do establecemento Bar Beni.

Tras intentar a notificación desta proposta consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non puido practicarse, polo que, mediante esta cédula se notifica a Francisco Benito Loira Estévez o contido da dita proposta, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no numero 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, nº 43,1º andar e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no tabloleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial de Estado (BOE).

Pontevedra, 27 de xuño de 2016

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2016129TA-PO.

Denunciado: Francisco Benito Loira Estévez, con DNI 52490891S, como titular do establecemento Bar Beni.

Último enderezo coñecido: rúa Eduardo Vincenti, 10, 36930 Bueu (Pontevedra)

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigo 7) «Prohíbese fumar,..., en: u) Bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como grave no artigo 19.3.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medias sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601 €).