Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx. 33005

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 21 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se dá publicidade das resolucións polas que se outorgan varias autorizacións ambientais integradas.

De conformidade co artigo 23.3 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, dáse publicidade ás seguintes resolucións:

– Resolución do 31 de xullo de 2015 pola que se outorga a autorización ambiental integrada á Compañía Española de Servicios Públicos y Auxiliares (Cespa), S.A., para unha planta de tratamento de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos e residuos voluminosos que se localiza no concello de Cerceda (A Coruña). Nº de rexistro 2014-IPPC-70_284.

– Resolución do 25 de setembro de 2015 pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Ute Botamavi Servicios Generales Marítimos, S.L., Trabede, S.A., Urbaser, S.A. (Marpolgal) para a planta de almacenamento de residuos no porto de Vigo que se localiza no concello de Vigo (Pontevedra). Nº de rexistro 2014-IPPC-73_287.

– Resolución do 2 de outubro de 2015 pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Desguaces Armonía, S.L., para o centro de tratamento de vehículos fóra de uso e outros residuos que se localiza no polígono industrial As Somozas no concello das Somozas (A Coruña). Nº de rexistro 2015-IPPC-32_289.

– Resolución do 2 de outubro de 2015 pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Acteco Productos y Servicios, S.L., para unha planta de transferencia de residuos perigosos e de transferencia e acondicionamento de residuos non perigosos no centro de traballo que se localiza no concello de Arteixo (A Coruña). Nº de rexistro 2015-IPPC-10_288.

– Resolución do 15 de outubro de 2015 pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Masol Iberia Biofuel, S.L.U., para unha planta de produción e almacenamento de biodiésel, glicerina, ácidos graxos e gomas, a partir de aceites vexetais que se localiza no porto exterior de Ferrol, Cabo Prioriño Chico no concello de Ferrol (A Coruña). Nº de rexistro 2015-IPPC-6_291.

– Resolución do 3 de novembro de 2015 pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Pma-Nutrigrás, S.A., para unha planta de xestión de residuos no centro de traballo que se localiza no concello de Mos (Pontevedra). Nº de rexistro 2014-IPPC-79_292.

– Resolución do 18 de decembro de 2015 pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Poliuretanos, S.A., para unha planta de fabricación de escuma de poliuretano que se localiza no concello de Tui (Pontevedra). Nº de rexistro 2014-IPPC-88_294.

– Resolución do 21 de decembro de 2015 pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Xunqueira, S.C., para unha ampliación de granxa de porcos de ceba que se localiza no concello de Láncara (Lugo). Nº de rexistro 2014-IPPC-51_295.

– Resolución do 26 de xaneiro de 2016 pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Enerxía Gallega Alternativa (Egal), S.L.U., para unha planta de xestión de residuos e fabricación de biodiesel que se localiza no concello de Cerceda (A Coruña). Nº de rexistro 2014-IPPC-47_296.

– Resolución do 14 de xaneiro de 2015 pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Marpol Systems, S.L., para unha planta de tratamento de superficies metálicas e plásticas que se localiza no concello da Cañiza (Pontevedra). Nº de rexistro 2015-IPPC-12_297.

– Resolución do 21 de xaneiro de 2016 pola que se outorga a autorización ambiental integrada a José Rodríguez Garrido y Otros, S.C., para a ampliación e modificación de granxa de cría de porcos en ciclo pechado que se localiza no concello de Xinzo de Limia (Ourense). Nº de rexistro 2013-IPPC-56_298.

Estas resolucións pódense consultar no seguinte enlace:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada e/ou nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental