Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx. 33003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 13 de xullo de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se dá publicidade á declaración comprensiva da situación patrimonial de altos cargos.

O artigo 49.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece a obriga de todos os cargos públicos incluídos no seu ámbito de aplicación, definido no artigo 37, de cubrir unha declaración comprensiva da súa situación patrimonial, no modelo que aprobe a persoa titular da consellería competente en materia de función pública.

Esta declaración deberá ser presentada no Rexistro de Bens Patrimoniais no prazo dos tres meses seguintes á data de toma de posesión e de cesamento, respectivamente, ante a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Pola Orde do 3 de marzo de 2016 do titular da consellería competente en materia de función pública apróbanse os modelos oficiais de declaracións que deben formular os altos cargos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 44, do 4 de marzo).

En virtude do Decreto 29/2016, do 31 de marzo (DOG núm. 62, do 1 de abril), María Corina Porro Martínez, tomou posesión no cargo de presidenta do Consello Económico e Social de Galicia e presentou o anexo IV «Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia», no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

En virtude do Decreto 31/2016, do 31 de marzo (DOG núm. 62, do 1 de abril), Juan José Gallego Fouz, tomou posesión no cargo de secretario xeral do Consello Económico e Social de Galicia e presentou o anexo IV «Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia», no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido dos anexos presentados para tal efecto, comprensivos da situación patrimonial que declaran, respectivamente, ao seu nomeamento, e que se publican como anexo a este anuncio.

Tal e como consta no referido modelo anexo IV:

1. Non se inclúen os seguros de vida.

2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Titular do cargo: María Corina Porro Martínez.

Cargo público orixe da declaración: presidenta do Consello Económico e Social de Galicia.

Motivo: toma de posesión.

I. Activo.

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 78.405,12 €.

2. Valor total doutros bens: 171.636 €.

3. Total: 250.041,12 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 74.596,8 €.

Titular do cargo: Juan José Gallego Fouz.

Cargo público orixe da declaración: secretario xeral do Consello Económico e Social de Galicia.

Motivo: toma de posesión.

I. Activo.

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 40.214 €.

2. Valor total doutros bens: 59.075 €.

3. Total: 99.289 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 4.305 €.