Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 26 de xullo de 2016 Páx. 32679

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3891/2015).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3891/2015 desta sección, seguidos por instancia de Roberto Gómez Alonso contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Granitos Lagoa, S.L., Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61, sobre accidente de grao, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos: desestimando o recurso de suplicación interposto por Roberto Gómez Alonso contra a Sentenza do 4 de xuño de 2015 do Xulgado do Social número 2 de Ourense, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra a Mutua Colaboradora da Seguridade Social Mutua Fremap, a entidade mercantil Granitos Lagoa, Sociedad Limitada, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a sala a confirma integramente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao n.º do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Granitos Lagoa, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza