Expediente: IN407A 2016/1067-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: subestación Mazaricos 220 kV liña Muros 2 66 kV.
Concello: Mazaricos.
Características técnicas: nova posición de liña no parque de distribución de 66 kV da subestación de Mazaricos, mediante a instalación dun módulo híbrido de transformador de tensión nominal 72,5 kV e intensidade nominal de 2.000 A.
Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 23 de xuño de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña