Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 26 de xullo de 2016 Páx. 32754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 8 de xullo de 2016, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lles comunica aos interesados a resolución de baixa da clasificación turística e da cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles aos titulares dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan a baixa da clasificación turística e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se lle notifica en cumprimento do establecido no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 8 de xullo de 2016

A xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
P.S. (Resolución 22.4.2016)
Crisanto Jesús Lamela Rozas
Xefe da Sección Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: cafetería A Barquiña.

Titular: Cafetería A Barquiña, S.C.

NIF: J70365069.

Enderezo: C.C. Eroski; estrada do Porto, s/n.

Concello: 15210 Noia.

Establecemento: cafetería La Movidilla.

Titular: Marlene Ariza Ardila.

NIE: X2408941J.

Enderezo: rúa Principal, 110.

Concello: 15130 Boiro.

Establecemento: Axencia de Viaxes Viaxes Landa.

Titular: Juan Antonio Alcázar Labella.

DNI: 32779692T.

Enderezo: avenida de Gran Canaria, 14 baixo.

Concello: 15005 A Coruña.