Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 26 de xullo de 2016 Páx. 32700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 30 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 50/2016.

Interposto recurso contencioso-administrativo 50/2016 P.A. ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por Luis Ángel Suárez Poza, en representación do sindicato FSP-UGT Galicia contra a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, do 26 de marzo de 2015, pola que se fai pública a relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia, por este anuncio, e para os efectos da publicidade exixida polo artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse os posibles interesados que desexen comparecer no dito proceso.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2016

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza