Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 26 de xullo de 2016 Páx. 32698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 15 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se lle notifica á persoa que se cita a Resolución do 23 de maio de 2016 ditada no expediente sancionador en materia de xogo OU-11/15.

O día 23 de maio de 2016, o director xeral de Emerxencias e Interior adoptou unha resolución co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación á persoa interesada non foi posible realizala, polo que, en aplicación do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro, e pola Lei 15/2014, do 16 de setembro), procede a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, situado na rúa Roma, 25-27, de Santiago de Compostela (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

De conformidade co establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, perante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes. Debido a que a eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), o dito prazo comezará a contarse a partir do día seguinte ao desa publicación.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2016

Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: OU-11/15.

Interesado: Serafín Vázquez Costa.

DNI/NIF: 33308445Y.

Último enderezo coñecido: rúa Carril das Hortas, 39, 4º B, Lugo.

Data da resolución: 23 de maio de 2016.

Tipificación e precepto infrinxido: artigo 29.j) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia.

Sanción: 3.000,01 euros.