Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31883

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (4660/2008).

No procedemento ordinario tramitado nesta sección co número 4660/2008 acordouse librar o presente, co fin de que se publique nese Diario Oficial de Galicia a parte dispositiva da sentenza ditada polo Tribunal Supremo, en data de 30.10.2015, así como a parte dispositiva do auto aclaratorio da anterior en data de 15.12.2015, e remítase a esta sección fotocopia da folla en que se publiquen con indicación da data, para a súa unión ao recurso de referencia.

Sentenza. «Fallamos. 1º. Que debemos declarar e declaramos haber lugar ao recurso de casación nº 1755/2014 interposto pola asociación de propietarios Guixar A-5 contra a sentenza nº 143/2014, ditada pola sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo de Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en data do 20 de febreiro de 2014, no recurso contencioso-administrativo 4660/2008. 2º. Que debemos anular, e anulamos e casamos, a citada sentenza. 3º. Que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo 4660/2008, formulado pola asociación de propietarios Guixar A-5 contra a Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia do 16 de maio de 2008, pola que se aprobou definitiva e parcialmente o Plan xeral de ordenación urbana de Vigo. 4º. Que declaramos a devandita orde contraria ao ordenamento xurídico, e, en consecuencia, a anulamos. 5º. Que non facemos expresa imposición das custas causadas na instancia e en casación. 6º. Publíquese a decisión desta sentenza no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, para os efectos previstos no artigo 72.2 da Lei xurisdicional 19/1998, do 13 de xullo. Así, por esta a nosa sentenza, que se deberá inserir polo Consello Xeral do Poder Xudicial na publicación oficial de xurisprudencia deste Tribunal Supremo, definitivamente xulgando pronunciámolo, mandámolo e asinámolo». Auto: «A sala acorda:» rectificar o erro material contido no encabezamento da sentenza, facendo constar como data desta, o 11 de novembro de 2015. Así o acordamos, mandamos e asinamos.

A Coruña, 30 de xuño de 2016

Inmaculada Pérez Arrojo
Letrada da Administración de xustiza