Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31713

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2016 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión ao medio propio Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, para executar durante o exercicio 2016.

1. Resolución do 23 de xuño de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encarga ao medio propio Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (Fundación Cesga) o servizo de cálculo intensivo e comunicacións para o servizo de predición.

– Actividade: servizo de cálculo intensivo e de comunicacións para o Servizo de Predición de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a Fundación Cesga a consideración de medio instrumental da Administración, de conformidade co disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da sinatura da Resolución, sendo a data máxima para a finalización dos traballos o 31 de decembro de 2016.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, aplicación orzamentaria 07.03.541E.640.1.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2016

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio