Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 20 de xullo de 2016 Páx. 31645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica de modificado número 1 do proxecto para desdobramento actual LMT MOF805/nova saída subestación Monforte-centro de repartición Morín, no concello de Monforte de Lemos (expediente 002/2016 AT).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo para os efectos de notificación na Batundeira 2, Velle, Ourense, aprécianse os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 2 de marzo de 2016 a citada empresa solicita a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica de modificado número 1 ao proxecto para desdobramento actual LMT MOF805/nova saída subestación Monforte-centro de repartición Morín, no concello de Monforte de Lemos, presentando o preceptivo proxecto das instalacións a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e xuntando a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 55 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000, antes citado.

Segundo. O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante resolución desta Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria do 12 de abril de 2016. Esta resolución foi publicada no diario El Progreso do 6 de maio de 2016, no BOP de Lugo do 28 de abril e no DOG do 3 de maio, no taboleiro de anuncios da citada xefatura territorial e no taboleiro de anuncios do Concello de Monforte de Lemos. Con esta resolución inseríase a relación de bens e dereitos afectados.

Así mesmo, practicouse notificación individual aos interesados incluídos na referida relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro. Enviáronselles separatas do proxecto aos diferentes organismos afectados e cumpríronse os trámites establecidos no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Cuarto. Durante o trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Quinto. Con data 19 de maio de 2016 a empresa beneficiaria comunica que desiste da solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, ao chegar a un acordo amigable coa totalidade dos afectados.

A este feitos son de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro), e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro), polos que se crea e se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e tendo en conta o Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do dector eléctrico, correspóndelle resolver sobre a presente solicitude.

Segundo. No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da citada Lei 24/2013 e os regulamentarios ordenados nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

De acordo co exposto e en virtude das competencias que ten atribuídas, esta xefatura territorial,

RESOLVE:

Primeiro. Autorizar a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da instalación eléctrica denominada de modificado número 1 ao proxecto para desdobramento actual LMT MOF805/nova saída subestación Monforte-centro de repartición Morín, no concello de Monforte de Lemos, coas seguintes características técnicas principais:

1. LMT soterrada a 20 kV con orixe nun paso aéreo a soterrado sobre celosía metálica proxectada (C-16/4500) D36-31, e final no centro de repartición proxectado Morín, cunha lonxitude de 35 metros en condutor tipo RHZ-240.

2. LMT soterrada a 20 kV con orixe no centro de repartición proxectado Morín e final en conexión en punto de acceso a rede proxectado coa LMT soterrada existente cara ao CT existente Guntiar, cunha lonxitude de 11 metros en condutor tipo RHZ-240.

3. LMT soterrada a 20 kV con orixe no centro de repartición proxectado Morín e final en conexión en punto de acceso á rede existente coa LMT soterrada existente MOF810, cunha lonxitude de 161 metros en condutor tipo RHZ-240.

4. Centro de repartición prefabricado Morín, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V, no cal se instalan tres celas de liña e unha de proteción.

5. RBT soterrada con orixe no centro de repartición proxectado Morín e final nun paso aéreo a soterrado da RBT do centro de repartición proxectado Morín, cunha lonxitude de 286 metros en condutor tipo XZ1.

6. RBT aérea con orixe nun paso aéreo a soterrado da RBT do centro de repartición proxectado Morín e final en conexions coa RBT aérea existente, cunha lonxitude de 42 metros en condutor tipo RZ.

Segundo. Conceder a autorización administrativa previa e de construción ao proxecto da instalación eléctrica de modificado número 1 ao proxecto para desdobramento actual LMT MOF805/nova saída subestación Monforte-centro de repartición Morín, visado o día 23 de decembro de 2015 co número 20153563 polo ICOEIG, e asinado polo enxeñeiro industrial Burkard Hecht Elorduy, colexiado número 2633.

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e cos planos que figuran no proxecto de modificado número 1 do proxecto para desdobramento actual LMT MOF805/nova saída subestación Monforte-centro de repartición Morín presentado pola empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e logo da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade con carácter permanente.

Terceira. Deberase cumprir canto establece a lexislación técnica de liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, de acordo co Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, así como, de ser o caso, a lexislación aplicable ás instalacións de baixa tensión e as súas instrucións técnicas complementarias de acordo co Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, ademais do resto de normativa e directrices vixentes que sexan de aplicación.

Cuarta. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa desta xefatura territorial.

Quinta. O prazo para a execución das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data de notificación/publicación desta resolución.

Sexta. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Sétima. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para realizar as obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación/publicación nos termos establecidos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Lugo, 6 de xuño de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo