Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31491

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación do Plan parcial do polígono industrial da Uceira.

O pleno do Concello do Carballiño, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de maio de 2016, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan parcial do polígono industrial da Uceira, O Carballiño, relativa a redución de parcela mínima edificable en zona comercial.

Segundo. Deixar sen efecto a suspensión de outorgamento de aprobacións, autorizacións e licenzas urbanísticas na áreas afectadas por esta tramitación, debéndose axustar no sucesivo os terreos, as instalacións, as construcións e as edificacións ao destino que resulte da súa clasificación e cualificación e ao réxime urbanístico que consecuentemente lles sexa de aplicación derivado do novo instrumento de planeamento.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial do Polígono Industrial da Uceira, O Carballiño, á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, ao mesmo tempo que se lle dará traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan sobre os que recaese o acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

Cuarto. Publicar o acordo de aprobación definitiva do planeamento no prazo dun mes desde a súa aprobación, no Diario Oficial de Galicia, e o documento que conteña a normativa e as ordenanzas, no Boletín Oficial da provincia.

O acto de aprobación definitiva da modificación puntual foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, con data do 9 de xuño de 2016, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra o acordo de aprobación definitiva, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

O Carballiño, 10 de xuño de 2016

Francisco José Fumega Piñeiro
Alcalde