Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación Lamas-Vilarchao número 5358.2 e as súas demasías, no concello da Fonsagrada, promovido por Europizarras, S.A.

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro (BOE núm. 296, do 11 de decembro), de avaliación ambiental e, así mesmo, no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Someter a información pública, durante un prazo de 30 días hábiles, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación que a continuación se describe:

Solicitante: Europizarras, S.A.

Domicilio social: Vilarchao, s/n, 27100 A Fonsagrada, Lugo.

Nome: Lamas-Vilarchao fracción II e as súas demasías.

Número: 5358.2.

Situación: A Fonsagrada.

Cuadrículas mineiras: 12 (doce) cuadrículas mineiras.

Recurso: lousa.

A designación do terreo é a seguinte:

Coordenadas xeográficas ETRS 89

Coordenadas UTM (ETRS 89)

Lonxitude

Latitude

X

Y

1

7º 00’ 05.30’’

43º 12’ 15.98’’

662.357,79

4.785.456,67

2

6º 59’ 25.29’’

43º 12’ 15.98’’

663.260,49

4.785.478,31

3

6º 59’ 25.29’’

43º 12’ 15.98’’

663.349,46

4.781.776,32

4

7º 00’ 05.30’’

43º 12’ 15.98’’

662.446,27

4.781.754,68

Durante o prazo indicado aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán consultalo nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas desta xefatura territorial, no Concello da Fonsagrada e no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras) e formular as súas alegacións perante este órgano administrativo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo, 27071 Lugo, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Transcorrido o período de información pública proseguirase coa tramitación da avaliación de impacto ambiental ordinaria prevista na Lei 21/2013, do 9 de decembro, a que está sometido o presente proxecto, cuxa autorización compete, como órgano substantivo, á Consellería de Economía, Emprego e Industria ao abeiro do establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.

Lugo, 5 de xullo de 2016

Piilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo