Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31383

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui

EDICTO (14/2015).

José Antonio Pascual Calderón, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Carmen Emilia Baz Martínez fronte a Manuel Carmelo Peña Fontes ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Vistos por Lidia Grandal Quintana, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui, os presentes autos de procedemento de medidas paterno-filiais 14/2015, seguidos ante este xulgado por instancia de Carmen Emilia Baz Martínez, representada pola procuradora María Antonia Duque Sierra e asistida pola letrada Marta Franco Rodríguez, contra Manuel Carmelo Peña Fontes, en situación procesual de rebeldía, coa intervención do Ministerio Fiscal, declaro que a patria potestade sobre o fillo menor común, así como a garda e custodia sobre este, será desempeñada pola nai, Carmen Emilia Baz Martínez.

Que non se establece un réxime de visitas a favor do pai, Manuel Carmelo Peña Fontes.

Que o pai, Manuel Carmelo Peña Fontes, aboará mensualmente 200 euros en concepto de alimentos para o fillo, pensión que aquel deberá ingresar dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente da nai (IBAN ES80 0030 6110 94 0000412272). A devandita pensión actualizarase cada ano conforme o índice de prezos de consumo ou o que o substitúa legalmente.

Os gastos extraordinarios dos fillos, definidos no fundamento xurídico quinto, serán satisfeitos entre ambos os dous proxenitores por metade.

Non procede facer expresa imposición de costas.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación ante este xulgado.

E encontrándose o devandito demandado, Manuel Carmelo Peña Fontes, en paradoiro descoñecido, expídese co fin de que, mediante a súa publicación no DOG, sirva de notificación en forma a este.

Tui, 7 de xullo de 2015

O secretario xudicial