Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 15 de xullo de 2016 Páx. 30935

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO de convocatoria do procedemento selectivo para cubrir, en réxime de interinidade, unha praza de administrativo.

No BOP de Pontevedra núm. 116, do 17 de xuño de 2016, publicáronse integramente as bases e a convocatoria do proceso selectivo para cubrir, en réxime de interinidade por vacante, dunha praza de administrativo de administración xeral, grupo C, subgrupo C1, coa categoría de xefe de negociado do Departamento de Secretaría do concello de Bueu (quenda libre).

O prazo para a presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos no taboleiro de anuncios do concello sito na planta baixa da Casa do Concello e de forma complementaria, na páxina web (www.concellodebueu.org; enlace de emprego público).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Bueu, 17 de xuño de 2016

Félix Juncal Novas
Alcalde