Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 15 de xullo de 2016 Páx. 30932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación dun servizo de realización de enquisas sobre o consumo de substancias adictivas, contratación documentalmente simplificada (expediente AB-CON1-16-015).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-CON1-16-015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de realización de enquisas sobre o consumo de substancias adictivas.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: desde a súa formalización ata o 30 de decembro de 2017.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 79320000-3.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación máxima

Criterios valorables de forma automática (sobre B)

0-100 puntos

Oferta económica-prezo

70 puntos

Xestión de aplazamentos

20 puntos

Experiencia en entrevistas

10 puntos

4. Valor estimado do contrato: 64.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 64.000 euros. Importe total: 77.440 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase cláusula 6.5.2.d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas a.m. do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos