Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 15 de xullo de 2016 Páx. 30847

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (PO 4530/2008-E).

Procedemento ordinario 4530/2008-E

Recorrente: Asociación Alternativa Vecinal Vigo

Letrado: José Antonio Somoza Blanco

Procurador: José Amenedo Martínez

Administración demandada: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte

Letrado: letrado Xunta de Galicia.

Codemandado: Concello de Vigo

Letrado do Concello de Vigo

Procurador: Antonio Pardo Fabeiro

No procedemento ordinario tramitado nesta sección co número 4530/2008 acordouse librar o presente co fin de que se publique nese Diario Oficial de Galicia a parte dispositiva da sentenza ditada polo Tribunal Supremo con data 10 de novembro de 2015.

«Sentenza. Decidimos. 1º. Que debemos declarar e declaramos que procede o recurso de casación interposto en representación da Asociación Alternativa Vecinal de Vigo contra a sentenza da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 20 de febreiro de 2014 -recurso contencioso-administrativo 4530/2008 que agora queda anulado e sen efecto. 2º. Que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto en representación da citada asociación contra a Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte da Xunta de Galicia do 16 de maio de 2008, pola se aproba definitiva e parcialmente o Plan xeral de ordenación urbana de Vigo e contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 13 de xullo de 2009, pola que se aproba definitivamente o documento de cumprimento da citada orde en canto ás cuestións que nela quedaron en suspenso e, en consecuencia, debemos declarar e declaramos a nulidade das referidas ordes aprobatorias do Plan xeral de ordenación urbana de Vigo. 3º. Non facemos imposición de custas no proceso de instancia; cada parte deberá correr coas súas no recurso de casación. Así, por esta a nosa sentencia, que deberá inserirse polo Consello Xeral do Poder Xudicial na publicación oficial de xurisprudencia deste Tribunal Supremo, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado relator, Mariano de Oro-Pulido y López, estando constituída a sala en audiencia pública, do que certifico.

A Coruña, 26 de maio de 2016

Inmaculada Pérez Arrojo
Letrada da Administración de xustiza