Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 15 de xullo de 2016 Páx. 30845

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a da Unidade de Atención Primaria da Estrada.

Convocada pola Resolución do 4 de maio de 2016 (DOG nº 98, do 25 de maio) a provisión do posto de xefe/a da Unidade de Atención Primaria da Estrada, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 168/2010, polo que se establece a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a da Unidade de Atención Primaria da Estrada, convocado pola Resolución do 4 de maio de 2016 (DOG nº 98, do 25 de maio).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. Contra a presente resolución, poderá interporse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2016

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

ANEXO

Posto: xefe/a da Unidade de Atención Primaria da Estrada.

Nombre e apelidos: Josefa Gerpe Jamardo.

DNI: (*) *****987X.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo ca Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.