Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 15 de xullo de 2016 Páx. 30881

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Salvaterra de Miño e As Neves (expediente IN407A 2016/184-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Título: LMTA, LMTS SAL803-804 e CD Áridos JGL.

Situación: Salvaterra de Miño e As Neves.

Características técnicas: LMT subterránea dobre circuíto, SAL803 e SAL804, a 20 kV con condutor RHZ de 3.082 metros de lonxitude, con orixe na subestación de Salvaterra e final no apoio proxectado (A.P.) C-7000-16 no p.k. 4+203 da estrada PO-400 Salvaterra-Figueira, facendo entrada e saída, a SAL803, no CD proxectado Áridos JGL. Desde o A.P. no p.k. 4+203, a liña continúa en aéreo 1.438 metros (dobre circuíto) con condutor
LA-110, finalizando no A.P. C-7000-16 no p.k. 4-911 da estrada PO-400 Salvaterra-Figueira; desde este apoio, a SAL803 continúa subterránea 469 metros ata o A.P. C-500-16 no tramo 8032718. Centro de seccionamento, con celas prefabricadas baixo envolvente metálica con corte en SF6. A instalación está situada nos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 15 de xuño de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra