Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 15 de xullo de 2016 Páx. 30883

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello das Neves (expediente IN407A 2016/183-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTA, LMTS e CD SAL804.

Situación: As Neves.

Características técnicas: LMT subterránea (SAL804) a 20 kV con condutor RHZ de 2.808 metros de lonxitude, con orixe no dobre circuíto SAL803 e SAL804 e final no apoio proxectado HVH-4500-13, situado como fin de liña do tramo SAL8044117, facendo entrada e saída no CD proxectado. Centro de distribución, con celas prefabricadas baixo envolvente metálica con corte en SF6. A instalación está situada no polígono de Portoseco, As Neves.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 16 de xuño de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra