Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 14 de xullo de 2016 Páx. 30501

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (PO 4485/2008-E).

Procedemento ordinario 4485-2008-E

Recorrente: Promociones Manuel Vázquez, S.L.

Letrado: Javier García Martínez. Procurador: Elena Miranda Osset

Admón. demandada: CPTOPT. Letrado da Xunta de Galicia

Codemandado: Concello de Vigo. Letrado do Concello de Vigo. Procurador: Juan Lage Fernández-Cervera

No procedemento ordinario tramitado nesta sección co número 4485/2008 acordouse expedir o presente, co fin de que se publique nese Diario Oficial de Galicia, a parte dispositiva da sentenza ditada polo Tribunal Supremo o 29.10.2015, así como a parte dispositiva do auto aclaratorio desta do 15.12.2015.

Sentenza.

Decidimos:

1º. Procede o recurso de casación número 1860/2014 interposto pola mercantil Promociones Manuel Vázquez, S.L., contra a Sentenza 134/2014 ditada pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o vinte de febreiro de dous mil catorce, quedando agora anulada e sen efecto a referida sentenza.

2º. Estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto por Promociones Manuel Vázquez, S.L. contra as ordes do 16.5.2008 e do 13.7.2009, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, polas que se deu aprobación definitiva, a primeira parcial, ao Plan xeral de ordenación municipal de Vigo, que anulamos.

3º. Non facemos condena en custas de instancia nin nas de casación.

4º. Publíquese a resolución desta sentenza no Diario Oficial de Galicia, para os efectos previstos no artigo 72.2 da Lei xurisdicional 29/1998, do 13 de xullo. Así, por esta nosa sentenza, que deberá inserirse na colección lexislativa do Consello Xeral do Poder Xudicial, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Auto. Na Vila de Madrid, o quince de decembro de dous mil quince. A sala acorda rectificar o erro material contido no encabezamento da sentenza, facendo constar domo data desta o 11 de novembro de 2025.

A Coruña, 21 de xuño de 2016

Inmaculada Pérez Arrojo
Letrada da Administración de xustiza