Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 13 de xullo de 2016 Páx. 30086

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 89/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 89/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta Teresa Otero Calvete contra a empresa século XXI A.E., S.L., con intervención de Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión din:

«Sentenza.

A Coruña, vinte de xuño de dous mil dezaseis

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 89/2014, sendo parte, dun lado, como demandante, María Teresa Otero Calvete, asistida polo letrado Julio Portela Torrón, e como demandado Século XXI A.E., S.L., que non comparece, e Fogasa, que non comparece, sobre salarios, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza

Decisión.

Que, estimando a demanda interposta pola demandante María Teresa Otero Calvete, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Século XXI A.E., S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 6.536,42 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Século XXI A.E., S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza