Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 13 de xullo de 2016 Páx. 30136

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de xuño de 2016 pola que se notifica o acordo de traslado da resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística 107 B 2004/25-0, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 18 de abril de 2016, acordou darlle traslado a Manuel Ángel Cristobo Tizón da Resolución do 10 de novembro de 2004, do director xeral de Urbanismo, que declaraba ilegalizables as obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar realizadas sen autorización autonómica, no lugar de Lestrove, no concello de Dodro, por resultar incompatibles co ordenamento urbanístico, e ordenaba a súa demolición no prazo de dous meses.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcurrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra este apercibimento non cabe interpor recurso ningún.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística