Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 13 de xullo de 2016 Páx. 30125

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 15 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 11/2011.

De conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador por infracción na orde social (materia seguridade e saúde), devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

Durante este prazo a interesada poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución.

Expediente: 11/2011.

Empresa: Iberoitaliana de Pizarras, S.A.

CIF: A32002107.

Enderezo: Sobradelo, 48, Carballeda de Valdeorras, Ourense.

Preceptos infrinxidos: artigo 17.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais; artigos 3.1, 3.2, 3.4, números 1.1; 3.1.c); 3.1.d); 3.2.e) do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para o emprego polos traballadores dos equipamentos de traballo.

Preceptos sancionadores: artigo 12.16.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 25 de maio de 2016.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor recurso de alzada, perante a Secretaria Xeral de Emprego, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 48 e 115.1 da Lei 30/1992, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Advírtese que, de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Lugo, 15 de xuño de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo