Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 13 de xullo de 2016 Páx. 30159

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 22 de xuño de 2016 pola que se lles notifica a varios interesados a liquidación de préstamo con garantía hipotecaria por non ocupación da vivenda de promoción pública e outras causas.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal na vivenda de promoción pública que consta como último domicilio coñecido, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, na cal se lles dará coñecemento do contido íntegro do acto que se lle notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, o Servizo de Réxime Xurídico e Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), situado en Área Central, s/n, Polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, nun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no taboleiro de edictos (TEU) do BOE.

No caso de transcorrer o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2016

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: C-92502, conta 50.

Nome: Purificación Castiñeiras Varela, con DNI XXXXX720-V, e comunidade hereditaria de Jesusa Varela Amado e Ramón Castiñeiras Iglesias.

Indicación do contido do acto que se notifica:

Notificación (artigo 572 da Lei de axuizamento civil) á comunidade hereditaria de Jesusa Varela Amado e Ramón Castiñeiras Iglesias, e a Purificación Castiñeiras Varela, da cantidade exixible resultante de liquidación de préstamo con garantía hipotecaria sobre a vivenda de promoción pública adquirida en 1995 ao IGVS por Jesusa Varela Amado e Ramón Castiñeiras Iglesias.

Trátase dun acto de mero trámite, polo que, de conformidade co disposto no artigo 107 da Lei 30/1992, non poderá interporse ningún recurso.