Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29918

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (13/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 13/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Álvarez Dobaño contra Acega Formación Continua, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou Sentenza 143/2016, de data 16 de xuño de 2016, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 13/2013, seguidos por instancia de María Álvarez Dobaño, asistida polo letrado Sr. Vales Raña, contra Acega Formación Continua, S.L., que non compareceu ao acto do xuízo oral, despois de ser citado o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, sobre a base dos seguintes,

Decisión.

Que estimando integramente a demanda interposta por María Álvarez Dobaño contra Acega Formación Continua, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe á demandante a suma de 1.806,01 euros polos conceptos e coa desagregación efectuados no feito probado terceiro da presente resolución, máis os xuros por mora do artigo 29.3 do ET respecto da suma debida por salarios que comporta 1.532,56 euros devindicados desde a data de interposición da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os xuros do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución e ata o completo pagamento, e os xuros do artigo 576 da LAC sobre a indemnización que comporta 273,45 euros desde a presente resolución ata o completo pagamento; e así mesmo condeno a demandada ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse o que resulte conforme a aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Acega Formación Continua, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza