Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29947

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribadeo (expediente IN407A 2016/10-2, 8318 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Mercadona, S.A.

Domicilio social: Valencia 5, Tavernes Blanques.

Denominación: liña de media tensión subterránea e centro de transformación e anexo.

Situación: concello de Ribadeo.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión subterránea a 20 kV con orixe no centro de seccionamento (expediente 8317 AT) e final no centro de transformación proxectado, cunha lonxitude de 100 metros en condutor tipo RHZ1 12/20 kV 3 (1×150 m2).

2. Centro de transformación en edificio non prefabricado cunha potencia de 630 kVAS, no cal se instala unha cela de remonte, unha de protección con interruptor automático e unha de medida, cunha relación de transformación 20.000-400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70-baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 29 de xuño de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo