Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 11 de xullo de 2016 Páx. 29676

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 208/2015).

Execución de títulos xudiciais (ETX) 208/2015

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 244/2012

Sobre: ordinario

Demandante: Ramón López Míguez

Avogado: Xavier Castro Martínez

Demandados: Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 208/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón López Míguez contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2016.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Ramón López Míguez presentou demanda de execución fronte á Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., Esabe Vigilancia, S.A., Fogasa.

Segundo. Ditouse auto que despachaba execución en data 3 de setembro de 2015 por un total de 237,74 euros (178 euros de salario debidos + 59,74 euros de xuros do artigo 29.3) en concepto de principal, máis outros 23,77 euros.

Terceiro. Por parte da entidade Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. das actuacións practicadas non se obtivo cantidade ningunha. Deuse audiencia ao Fondo de Garantía Salarial tras o resultado negativo do resto de indagacións realizadas.

Cuarto. A entidade Esabe Vigilancia, S.A. está declarada xa insolvente na ETX 346/2014 por decreto de data 20 de febreiro de 2015 ditado por este xulgado.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado nos que facer traba e embargo, practicaranse as indagacións procedentes e, de seren infrutuosas, total ou parcialmente, a letrada da Administración de xustiza da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e Esabe Vigilancia en situación de insolvencia total por importe de 237,74 euros (178 euros de salario debidos + 59,74 euros de xuros do artigo 29.3) en concepto de principal, máis outros 23,77 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución inscríbase no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso”, seguida do “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza