Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 11 de xullo de 2016 Páx. 29687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 16 de xuño de 2016, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00441-O-2016 e outros catro máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo ditou a resolución dos expedientes sancionadores número LU-00441-O-2016 e outros catro máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade de Lugo.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, cobrarase pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 16 de xuño de 2016

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora

Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00441-O-2016

4112-FDT

Servicarsoil, S.L.

B27356088

O exceso igual ou superior ao 2,5 % e inferior ao 10 % sobre la MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 5 %.

22.2.2016; 8.17; N-VI; 543,8

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

333 euros

LU-00544-O-2016

7881-CNK

Servicarsoil, S.L.

B27356088

O exceso igual ou superior ao 2,5 % e inferior ao 10 % sobre la MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 9 %.

29.2.2016; 9.16; N-VI; 543,8

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

400 euros

LU-01582-O-2015

1552-DJN

Transleca, S.L.

B15268253

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

23.9.2015; 11.43; A-6; 522,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

LU-01659-O-2015

9042-FYT

Nepos Express, S.L.

B94085339

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 9 horas). Máis de 9 horas ata 10 horas.

30.9.2015; 6.49; A-6; 535,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

LU-02096-O-2015

0412-FLB

Dahlia Nerine, S.L.

B66154683

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

5.10.2015; 13.20; A-8; 569,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros