De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co ditaminado no artigo 22 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, notifícaselles a Julián Marín Jiménez (09043143A) e Azucena Marín Jiménez (02274758N) a Resolución do 4 de maio de 2016 polo xefe territorial e relativa aos expedientes 2011/181-32 e 2011/182-32 por descoñecerse nesta xefatura territorial o seu último domicilio.
Transcorrido o prazo establecido no parágrafo terceiro do artigo 172.2 do Código civil, a persoa interesada non se pode opoñer á resolución ditada nos expedientes citados. Non obstante, poderá facilitar información á entidade pública e ao Ministerio Fiscal.
A persoa notificada ou o seu representante poderán comparecer para coñecemento do contido íntegro do acto e constancia del no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Ourense (rúa Sáenz Díez, 39, baixo. Teléfono: 988 38 65 84 desde as 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Ourense, 13 de xuño de 2016
José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense