Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 6 de xullo de 2016 Páx. 28844

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 9 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial en Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2016013AL-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 20 de maio de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense ditou resolución do expediente sancionador número 2016013AL-OU, incoado a Supermercado Terramar, C.B. con CIF E-27757194, sito en Tinteiro-Matadoiro, 4, Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Supermercado Terramar, C.B. con CIF E-27757194, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Abanca; en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banco Santander, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, quedando supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 9 de xuño de 2016

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2016013AL-OU.

Interesada: Supermercado Terramar, C.B.

DNI/NIF/CIF: E-27757194.

Último enderezo coñecido: Tinteiro-Matadoiro, 4, Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Regulamento (CE) nº 852/2004.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: mil cincocentos euros (1.500 €).