Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 6 de xullo de 2016 Páx. 28755

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 22 de xuño de 2016 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os opositores que superaron os procedementos selectivos de acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, convocado pola Orde do 17 de marzo de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo).

A Orde do 17 de marzo de 2014 (DOG do 26 de marzo) pola que se convoca proceso selectivo para acceso e ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario establece na súa base décimo sexta que os aspirantes que resulten seleccionados quedan obrigados a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique para a realización da fase de prácticas.

Pola Orde do 15 de setembro de 2015 (DOG do 2 de outubro) nomeáronse funcionarios en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario os opositores Manuel García Magariños e María Castellano Méndez, que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 17 de marzo de 2014 (DOG do 26 de marzo) e que tiñan aprazamento na citada fase de prácticas.

Finalizada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Único. Declarar aptos na fase de prácticas a Manuel García Magariños e María Castellano Méndez.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria