Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 6 de xullo de 2016 Páx. 28756

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 22 de xuño de 2016 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os opositores que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 11 de marzo de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 18 de marzo).

A Orde do 11 de marzo de 2015 (DOG do 18 marzo) pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, establece na súa base décimo sexta que os aspirantes que resulten seleccionados quedan obrigados a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique para a realización da fase de prácticas.

Pola Orde do 29 de xullo de 2015 (DOG do 21 de agosto) nomeáronse funcionarios en prácticas os opositores seleccionados no proceso selectivo para ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres convocado pola Orde do 11 de marzo de 2015 (DOG do 18 de marzo), agás Fernando Eijo Díaz, Adela Guinarte Varela e Alicia Elena Gómez Pérez, que tiñan concedido o aprazamento da fase de prácticas, e a Ana Belén Marcos Gómez, que non puido completar a fase de prácticas.

Con data do 1 de setembro de 2015 incorporáronse a un centro para a realización da fase de prácticas.

Finalizada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente aos opositores seleccionados no procedemento selectivo para ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres convocado pola Orde do 11 de marzo de 2015 (DOG do 18 de marzo), agás Fernando Eijo Díaz, Adela Guinarte Varela e Alicia Elena Gómez Pérez, que tiñan concedido o aprazamento da fase de prácticas, e Ana Belén Marcos Gómez, por non completar a fase de prácticas.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria