Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 6 de xullo de 2016 Páx. 28860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 8 de xuño de 2016, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente P-062/14.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral do IGVS.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo; rúa Alcalde Hevia, 7, andar 4º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 8 de xuño de 2016

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-062/14.

Nome: Jaime Mauricio Urrutia Madrid e Andrea Angélica Milner Alcayaga

Acto notificado: resolución do contrato de alugamento.