Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 6 de xullo de 2016 Páx. 28861

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 10 de xuño de 2016, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente de ocupación sen título legal 1/16.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo; rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no TEU do BOE.

A Coruña, 10 de xuño de 2016

Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 1/16.

Denunciado: Amador Barrul Borjas.

Acto notificado: resolución do procedemento por ocupación sen título legal.