Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28574

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 17 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifican as resolucións ditadas nos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos (expediente RA/M/2015/00396 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

As multas deberanse facer efectivas, coa clave 390001, por calquera dos seguintes medios:

– Abanca.

– BBVA transacción 1316 NIF S1511001H.

– Santander.

– http://www.cixtec.es/conselleria

E, de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2016

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Número recurso

Matrícula

Denunciante

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

Precepto infrinxido

Sanción imposta

Resolución do recurso

OU-01181-O-2013

RA/M/2015/00396

2813-HFL / R-2876-BCJ

Nieto Ares, S.L.

Diminución do descanso semanal normal en máis de 9 horas. Menos de 24 horas. 17.7.2013; 16.08; A-52; 155,5

Art. 140.37.6 LOTT

2.000 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-01152-O-2013

RA/M/2015/00420

7595-DSF / R-2438-BBR

Grupo Operador de Transportes Pedro Ruibal, S.L.

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea a utilizar. 23.7.2013; 5.17; A-52; 230

Art. 140.35 LOTT

1.001 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-00857-O-2013

RA/M/2015/00452

6128-BDW

Vigotrans, S.L.

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea a utilizar. 17.5.2013; 10.07; A-52; 181

Art. 140.35 LOTT

1.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

DX-00026-I-2013

RA/M/2015/00453

0610-DKR

Marcos Casal Vega

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas.

4.4.2013; 9.28

Art. 140.12 LOTT

4.001 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

DX-00020-I-2013

RA/M/2015/00454

0650-DKR

Marcos Casal Vega

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas.

3.4.2013; 12.35

Art. 140.12 LOTT

4.001 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

DX-00019-I-2013

RA/M/2015/00455

7467-CMT

Marcos Casal Vega

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas.

3.4.2013; 12.25

Art. 140.12 LOTT

4.001 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta