Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28534

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Consumo

RESOLUCIÓN conxunta do 8 de xuño de 2016, do Instituto Galego de Consumo e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se declara deserto o concurso de carteis do Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia.

Mediante Resolución conxunta do 7 de marzo de 2016, do Instituto Galego de Consumo e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convocouse o concurso de carteis do Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia.

Vista a proposta efectuada polo xurado mencionado no artigo 8 da citada resolución, relativa á valoración dos traballos presentados segundo os criterios establecidos no artigo 9 da convocatoria e facendo uso da posibilidade prevista no artigo 8.4, procede declarar o concurso deserto por non cumprir ningún dos traballos presentados os requisitos exixidos na convocatoria para ter dereito á concesión do premio.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2016

Sol María Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria