Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 30 de xuño de 2016 Páx. 27792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 10 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican diversas resolucións en procedementos tramitados nesta xefatura territorial (expediente 36/00197-I/14 e tres máis).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coas resolucións ditadas por esta xefatura territorial nos procedementos instados polas persoas que se citan no anexo e que, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo (rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, teléfono 986 81 72 30), en horario de mañá das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, aos efectos de coñecer o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificados.

Ás persoas que se citan no anexo xunto ao seu correspondente número de expediente, resolución e data, infórmaselles que as ditas resolucións esgotan a vía administrativa, contra as cales se poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días seguintes á data da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 10 de xuño de 2016

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución

Data da resolución

Martínez Amado, María Soledad

76827351Z

36/00197-I/14

Denegación

21.3.2016

Cabrera Martín, Ramona

78438010Y

36/00599-X/03

Suspensión

23.5.2016

Cantero Amorín, Manuel

36105507S

36/00101-I/15

Modificación

18.3.2016

Puentes García, Enrique

36098239S

36/00368-I/14

Denegación

15.4.2016