Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 30 de xuño de 2016 Páx. 27790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 9 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican dúas resolucións en procedementos tramitados nesta xefatura territorial (expediente 36/00157-I/13 e un máis).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coas resolucións ditadas por esta xefatura territorial no procedemento instado polas persoas que se citan no anexo e que, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, no prazo de dez (10) días contados dende o seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo (rúa Concepción Arenal núm. 8, 1º andar, teléfono 986 81 72 30), en horario de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificados.

Infórmase ás persoas que se citan no anexo que estas resolucións esgotan a vía administrativa, contra as cales se poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días seguintes á data da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), segundo o disposto no artigo 2, letra s) e o artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 9 de xuño de 2016

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Apelidos e nome

Núm. DNI/NIE

Núm. expediente

Resolución

Data de resolución

Bueno de Morais, María Fátima

X3030185G

36/00157-I/13

Caducidade

13.5.2016

Correa Faria, María Gloria

36076041N

36/00630-I/14

Arquivamento

28.4.2016