Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27601

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboada

ANUNCIO de ampliación do prazo de información pública da aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal de Taboada, polo Pleno do día 22 de febreiro de 2016, conforme o artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, someteuse a información pública polo prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, para formular as alegacións pertinentes.

Publicado anuncio nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia do 31 de marzo de 2016, e no DOG núm. 61, do 31 de marzo de 2016, a partir desa data iniciouse o período de dous meses de exposición pública.

O Concello Pleno, por maioría absoluta, o 28 de maio de 2016, acordou:

Primeiro. Ampliar o prazo de exposición ao público do Plan xeral de ordenación municipal de Taboada, na súa fase de aprobación inicial, polo prazo dun mes.

Segundo. Tramitar a presente ampliación de prazo conforme o mesmo procedemento de trámite anterior, mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Voz de Galicia e El Progreso.

O prazo comezará a partir da data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos xornais de La Voz de Galicia e El Progreso.

Taboada, 1 de xuño de 2016

Ramiro Moure Ansoar
Alcalde