Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27602

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca licitación pública para a venda da chatarra existente no interior do Complexo Ambiental de Cerceda (NC 0015/2016).

1. Entidade adxudicadora: Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

Obtención de documentación e información:

– Oficinas da sociedade en Morzós, 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda, A Coruña.

– Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.sogama.es.

2. Obxecto do contrato: venda.

División por lotes: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

4. Prezo mínimo oferta: 200 euros/t sen IVE.

5. Garantías exixidas:

Provisional: 1.500 euros.

Definitiva: 3.000 euros.

6. Presentación das ofertas:

– Data límite de presentación: o 8 de xullo de 2016, ás 13.00 horas.

– Lugar de presentación: Morzós, 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda, A Coruña.

7. Apertura das ofertas:

– Data e hora de apertura do sobre B: 15 de xullo de 2016, ás 11.00 horas.

– Lugar de apertura: Morzós, 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda, A Coruña.

8. Gastos de publicidade: o custo dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Cerceda, 20 de xuño de 2016

Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.